Contratación servizo

Fases do proceso de contratación:

1.-  Solicitude de orzamento

  • Utilice o formulario web “Petición de orzamento”
  • Ou “Envíanos un mail” para que contactemos con vostede
  • Ou “Contacta con nós” nos teléfonos indicados

2.- Proposta de servizo

Enviarémoslle un orzamento segundo as tarifas e xuntaremos:

  • Documentación técnica básica de presentación do servizo
  • Formulario de inscrición ao Servizo

3- Activación do servizo e asignación de dosímetros: No caso de interese na contratación

  • Remita cuberto o formulario de inscrición
  • Contactaremos con vostede para informalo da alta e das condicións de uso do servizo
  • Procederase ao rexistro de inscrición, asignación da dotación de dosímetros e envío aos centros de traballo mediante a loxística elixida

4.- Actualización do contrato

  • Emisión do certificado de alta no servizo
  • Segundo a tipoloxía do contratante, prepararase un contrato adicional ao formulario de inscrición
  • Actualizarase a dotación de dosímetros e datos do usuario mediante as comunicacións documentadas ao departamento de clientes das alteracións requiridas polo contratante ou polo responsable asignado durante a execución deste