Anel

No caso de persoas que polo seu tipo de  traballo precisen da avaliación da dose equivalente nas mans, poden utilizar dosímetros de anel calibrados en dose equivalente persoal superficial HP(0.07).

  • A configuración do anel envíase ao usuario nunha bolsa minigrip transparente cunha etiqueta na que constan os datos do usuario, do dosímetro, do centro de traballo e do mes de uso do dosímetro.
  • O portadosímetro está etiquetado cos datos do usuario e un código matrix.
  • Son de cor negra os meses pares e laranxa nos meses impares.

Normas básicas de uso:

  • O dosímetro é persoal e intransferible.
  • Debe levarse durante toda a xornada laboral e non sacarse fóra do centro de traballo.
  • Debe colocarse por debaixo de calquera protección que se utilice, por exemplo, guantes chumbados, e na man máis exposta á radiación en función do seu tipo e procedementos de traballo.

Un mesmo usuario pode utilizar máis dun dosímetro de anel, colocando un en cada man. Nese caso, o dosímetro da man dereita identifícase mediante un adhesivo amarelo adicional.

Este tipo de dosímetro é especialmente adecuado en Medicina Nuclear e en Radiofarmacia.

Documentación relacionada