Cristalino

No caso de persoas que polo seu tipo de traballo precisen da avaliación da dose equivalente no cristalino, poden utilizar para a estimación desta dose unha das dúas configuracións:
1) Os dosímetros de cabeza, calibrados en doses equivalente persoal superficial HP(0.07) e profunda HP(10).
- Deben colocarse na sen, co nome do usuario visible e de maneira que a ventá quede na parte inferior máis próxima aos ollos, tal e como se aprecia na foto.
- Teñen a mesma configuración ca o dosímetro de corpo enteiro e envíanse ao usuario identificados da mesma maneira ca estes, protexidos por unha caixa de policarbonato transparente e cunha correa para que se coloque arredor da cabeza.
- Son sempre de cor branca. A cor azul e amarela dos meses pares e impares apréciase na placa interior.
2) Actualmente estase desenvolvendo a introdución dun novo portadosímetro específico, RADCARD EYE-D, calibrado en dose equivalente en cristalino HP(3).