Facturación

Tarifas do servizo

  • O prezo do servizo está estandarizado segundo as seguintes tarifas:
    • Tarifas para profesionais e pequenas empresas de1 a10 usuarios/ controis dosimétricos para unha instalación e factura única.
    • Tarifas para empresas con máis de 10 usuarios/ controis nos que se calcula a tarifa ademais de polo número de usuarios, pola distribución destes
    • Tarifas especiais para servizos non continuados ou temporais e outras casuísticas
    • Infórmase tamén das tarifas de mensaxaría que centro de dosimetría pode contratar para o envío e/ou recollida  da dotación de dosímetros á súa instalación.
  • As tarifas comunícanse anualmente aos clientes, por correo ou internet.

 

Facturación do servizo

  • A forma de facturación do servizo está adaptada á súa forma de prestación.
  • Emítese unha factura anual que inclúe a previsión de servizos contratados para o ano en curso segundo o albará adxunto, e o aboamento/cargo (se o houbese) correspondente ao peche da facturación do ano anterior. O método utilizado de previsión-regularización baséase na facturación dos servizos realmente realizados, dado que se trata dun servizo continuado, este sistema contén as variacións sucedidas ao longo do ano, xa sexa na dotación de controis dosimétricos, extravíos de loxística, etc.
  • Esta forma de facturación permite que o proceso de facturación repercuta o mínimo no custo final.
  • A forma de facturación e as condicións de pago detállanse nas follas de tarifas.
  • Posibilidade de acordar condicións especiais de facturación e/ou pago co departamento de administración.